EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 29 de septiembre de 2010

29-S











Os medios do poder diran que non aconteceu nada salientábel, mais afortunadamente un 80% secundou a xornada de folga que dende a CIG viñamos demandando dende hai máis de ano e medio.




Diran que a reforma é unha necesidade, máis a clase traballadora galega deu cumprida resposta. Nin un paso atrás na defensa dos nosos intereses. Perto de 50.000 persoas sairon polas rúas de Vigo, na manifestación da CIG. A máis grande, coma xa ven sendo unha costume.




Cada vez son mais os homes e mulleres que ven na CIG a única central sindical que defende os intereses da nosa clase.




Foi un orgullo estar hoxe na manifestación multitudinaria, que moi ben reflexou o sentir da cidadanía. Levabamos ano e medio agradando por unha folga xeral, e xa pensamos na seguinte.




Ou eliminan estas medidas ou que se vaian, independentemente de que se digan a si mesmos que son socialistas estes mangantes do PSOE.




Unha vez mais traizonan á clase traballaora galega.

viernes, 24 de septiembre de 2010

Donos do noso destino!

Aquel que vive de se laiar sen ofrecer unha resposta, sen pelexar,..., non é quen de ser respeitado polos demais.
Aínda hai tempo para mudar esta situacion, para mudar esta tropa que di representarnos.
Hai tempo, e hai de se empregar na idea a tope.
Dende aqui collemos o firme compromiso de intenta-lo.
Porque non face-lo sería o cómodo e irresponsábel.
Hai unha cousa que nos une a inmensa maioría dos traballadores e das traballadoras: temos unha xunta de persoal plagada de inútiles.
Se chegamos con vida a marzo prometemos dar batalla!

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Finiquitado!

Con gran dor de corazon temos de dicer tranquilamente que o tema da privatización é xa un feito consumado.
aqueles e aquelas que en publico falan de que non hai de ceder, que hai de loitar,..., e fan a revolución por etapas, en privado din que non temos nada de facer.
E é ate tal ponto que ate desexan que se faga dunha vez, para que non lles demos moito máis a lata.
Co pretexto de que estan moi atarefados e atarefadas acordan pospor de novo as mobilizacións porqe teñen un grande traballo preparando unha folga xeral.
Casualmente, moitos destes e destas apareceron onte polo hospital, e a hora á que non se podia facer unha manifestación estaban todos e todas na cafetería do Xeral. Sin pudor de ningún tipo.
Non teñen tempo para se por diante dunha pancarta, máis si para estar diante dun café.
Somos molesto porque lle pomos nome as cousas.
Aquí ningun deles vai perdelo seu posto de traballo, e os que sí que desperten e vexan en quen estan a deposita-la confianza e os votos.
Eu en marzo quedareime na miña casa, se segumos traballando, porque non pensamos votar por ningún. Co meu voto non terán sete horas diarias para café.

domingo, 19 de septiembre de 2010





Agardamos que esten tamen, nunca faltan!

Voltamos á movida!

O martes voltaremos ás movidas e as manifestacións. As 11:00 horas dende a entrada principal do Hospital Xeral sairemos polo entorno para nos mobilizar contra da privatización da sanidade. Algo que xa está a ser un feito. Durante dous meses estivo cerrado o hospital Cies, e o Xeral desviando enfermos a centros privados. Algo que se está a converter xa nunha dinámica usual e constante durante tódolos meses de ano e non só en período estival.
Estamos a coller moi boa nota do tema, porque xa é visíbel até por aqueles e aquelas que pensaban que todo ía quedar en nada así, sen máis.
Para iso fai falla moita máis madeira na fogueira, e non temos nen tan sequera pequenas brasas...

Folga xeral!

O 29 de setembro temos folga xeral. E non hai unha sóa cuestión que se poida facer ninguén para dubidar da necesidade de secundala. A un despido xa de por si barato, ven agora o máis barato e sinselo todavía.
Despidos a vinte dias. Oua doce millor dito, xa que os oito dias serán subvencionados. A cargo do FOGASA. E ollo. Que o Fondo de Garantía Salarial está a dia de hoxe funcionando cun retraso dun ano. Coa reforma pensade en dous, tres,..., a quen teña de verse en tal situación.
Todo o que poidamos imaxiñar serve coma argumento para que che admitan despidos obxetivos.
Nin tan sequerea coas clausulas de convenio poderanse impedir as ETT(s), e xa van entrar a formar parte da administración. Sí, sorprende?
Perguntarlle a UGT e a CC.OO que carallo fiseron sentados cos que levaron a diante esta desfeita. Porque sabíase que sempre que se sentan acaba acontecendo o mesmo, fodendo á clase traballadora.
Se alguén aínda ten dubida que vaia a traballar o 29. Mais eu estarei nos piquetes, con todalas consecuencias; porque que hai pior que o que se nos ven enriba?

sábado, 11 de septiembre de 2010

Folga xeral!

A can fraco todo son pulgas, e iso é o que nos acontece á clase traballadora.
A banca recibe do PSOE 22.500 millons de euros para sairda situación na que están. ¿Cal?
E os traballadores e traballadoras privatizacións, despidos a doce dias, e traballo a través das ETT(s).
E hai quen dubida en ir á folga?
E hai quen pensa que hai que votar ó PSOE?

Afundindo un barco

Durante o transcurso dos últimos meses vimos comprobando no noso centro de traballo, a cociña do hospital xeral, coma se desmante-la unha cociña.
A avaría nunha máquina pode ser e é consecuencia do uso continuado das mesmas. Podemos falar da politica inexistente de mantemento, máis iso acontece en tantas partes que non podemos dicer nada.
Cando a unha màquina lle segue unha segunda, e unha terceira, ..., e así até cinco de uso imprescindíbel a cousa colle cando menos outra imaxe ben diferente. E hai un dito que dí: " As cousas acostuman a ser o que parecen" Aquí chegou-se a ter que mercar parte das elaboracións fora da nosa cociña, e a pregunta é: Foi pola circunstancia puntual, ou foi unha proba para rematar xa coa cociña?
Nas empresas cando pechan hai dous factores que van case sempre parellos. Unha é o drama de perder a túa fonte de ingresos, de vida. E parello, a falta e información, a incertidume.
Nesa situación estamos aqueles e aquelas que non temos máis datos que os que vimos estas últimas semans. O desmantelamento dunha cociña, onde por primeira vez houbo de traer elaboracións feitas do exterior.
Alguns sindicatos pensan que aínda non é tempo de negociar nada de recolocación da plantilla, máis outros pensamos que cecais sexa xa demasiado tarde. O tempo da e quita razóns sempre,... veremos!
Para o vindeiro martes, 21 de setembro, haberá unha nova mobilización. E se a xunta de persoal non traballa dende xa vai ser de asistencia minima ou nula. Tempo ó tempo.

martes, 7 de septiembre de 2010

Mobilizacións!

O vindeiro 21 de setembro temos unha manifestación dende o Hospital Xeral, ás once horas. E o martes 28 do mesmo mes dende o hospital do Meixueiro á mesma hora.
Vai ser unha volta á loita pola defensa da sanidade pública, e alí estaremos.
O vran foi tremendamente negativo para a nosa causa.
aconteceu que na lavandería do hospital do meixueiro este ano non se cubriron as vacacións, deixando unha grande preocupación na plantilla. Algo semellante nos veu acontecendo na cociña do xeral. até cinco máquinas avariadas, imprescindíbeis na cociña, e sen reparar. até tal ponto que tiveron cde traer de fóra as empanadas.
A incertidume é tal que o sentir da plantilla é que estan deixando morrer os servizos. E tal que hai quen pensa que non imos chegar ó novo ano.
Persoalmente tamen somos da mesma opinión, e é tan só cuestión de tempo.