EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

jueves, 29 de julio de 2010

Moncho Reboiras Noia


Un doce de agosto, do ano 1975, caia asainado pola policía franquista, o loitador galego, Moncho Reboiras. No seu 35 aniversario van-se celebrar actos para lembrar a súa traxectoria política e de loita, aprol da súa patria e contra do franquismo que isolou Galiza, coma o resto do estado español. Recentemente deron-lle o seu recoñecemento oficial coma victima do franquismo.

Estaremos nos actos de homenaxe a un home, un mozo, que deu o millor de seu na loita pola liberación nacional e social do seu pobo.

Moncho Reboiras Noia, un nome a lembrar pola xente de ben.

Reboiras, un loitador galego que deu a sua vida pola súa patria.

miércoles, 28 de julio de 2010

Juan Carlos e Garrido!

Nos tempos políticos que nos toca vivir vemos a diario coma hai políticos que rouban dia si, dia tamén, e a mans cheas. Non hai un só que saia condenado, e é máis, saen airosos e reforzados. Esa mesma xustiza condena a dous traballadores do hospital xeral por terlle berrado a Feijoó a sua repulsa á privatización da sanidade. Non temos aínda a sentenza nas nosas mans, máis sabemos que foron multados a pagar a sanción imposta por sentenza e as costas do xuizo. Tremenda xustiza a que nos toca ós traballadores e traballadoras.
Evidentemente non serán eles os que paguen. Seremos, segurísimo, o conxunto dos homes e mulleres que estamos nesta loita quen pagaremos solidariamente. E ogallá recaudemos dez veces máis dos 600 ou 700 que precisan; para que vexan que aínda que nos costa e moito gañalos estamos dispostos a ter moitas máis sancións se ese é o coste de defende-la sanidade pública. Lonxe de apedrea-los estamos orgullosos do que somos e do que facemos. E Juan Carlos e Garrido son traballadores con conciencia obreira. Meus parabens!

Nova asemblea!

Hoxe, os traballadores e as traballadoras da cociña do Hospital xeral tivemos unha asemblea para concretar quen iría en representación do noso colectivo, toda vez que para lavandería do Hospital do Meixueiro xa estan escollidas, e o mesmo para mantemento.
Serviu tamen para ver se alguen quería formalizar algunha pergunta á responsábel de Recursos Humans do Sergas.
Evidentemente faltaron os mesmos que logo critican o modelo asemblear, máis iso sempre acontece polos que non aturan non se-lo centro de atención. E referímonos ás lumbreras que asinaron un documento en contra desta iniciativa, tres, e a quen anda tras do que fixo o escrito.
A votación foi unánime en apoio á compañeira Irene. e vou decir algo para aqueles e aquelas que poidan cuestionar algo. A estas alturas da miña vida un non se fía de demasiada xente; máis ben moi pouca. Poño o meu destino laboral nas súas mans, cos ollos pechados.

miércoles, 21 de julio de 2010





Imaxes da marcha pasada até samil. A serie de fotos que temos daría para unha exposición maravillosa. Cecais co paso do tempo... vexamos que fisemos, quen o fisemos,...

domingo, 18 de julio de 2010

Directrices perigosas!

As directices do goberno PP estan fixadas e iniciando a súa etapa de concretización.
Os presupostos son máis baixos que os do ano anterior, e acompaña a medida un modelo perigoso de fonte de ingresos ou financiación. Eles lle van chamando xa INGRESOS EXTRAPRESUPOSTARIOS, o que en galego coloquial significa, privatización e incorporación das empresas e entidades financieiras no sector público e político.
Cando alguén se queixe da sanidade eles dirán que fai falla EXTERNALIZAR, ou ben incorporar sistema COPAGO; cando non as dúas medidas simultaneamente.
Cando se precise dunha infraestructura, unha entidade privada financieira ou mesmamente unha empresa para facela, e despois un CANON, o que nos lle chamamos un imposto engadido para soportar o beneficio do capital.
Os que antes foron un desastre, PSOE, nos deixou agora conesta herdanza, PP.
E os homes e mulleres que vivimos e loitamos dia a dia polo dereito máis elemental coma é o do traballo, a sanidade, a educación,..., a sufrilos en silenzo.
Son a mesma merda. As duas caras dunha mesma moeda. E hai quen discute entre cal dos dous?
Non, no meu nome, non! Persoalmente, tanto me dan un coma outro!

sábado, 17 de julio de 2010







ACOSO E DERRIBO!

A campaña de acoso e derribo do sistema sanitario público non ten tregua a mans dos amigos do PP. Hai un mes se nos amenazaba co retraso de pago das nóminas. Agora tócalle a Ferrol e a A Coruña unha nova embestida. Recortes laborais e recortes orzamentais.
En pleno vran, pensando que a capacidade de resposta é nula agreden ó sistema santario con premeditación e alevosía.
A pesares de todo, en Ferrol máis de 150 traballadores e traballadoras manifestaronse nas inmediacións chegando ó despacho dos culpábeis desta desfeita. Coma podedes ver non hai un minuto de tregua nesta longa e dura guerra en defensa da sanidade pública.
En A Coruña outro tanto do mesmo, para protestar polos recortes dos orzamentos, o que leva implicito a falta de persoal para cobertura de vacantes, vacacións, baixas,..., e o que vai en detrimento da calidade do servizo. Ou o que é o mesmo, nunha campaña moi burda de desacreditar un modelo sanitario que non lles deixa enriquecerse para mudalo por un sistema sanitario privado que da lugar a enriquecerse a conta de destrozala sanidade.

viernes, 16 de julio de 2010

Movede ficha!



Conqueriu-se unha xuntanza cunha responsábel do Sergas. Na nosa xogada entraba este movemento entre outros. Alguén deu-lle unha ostia ó taboleiro e zapateou as fichas. Agora a partida está estancada, e agardamos polos satélites. Ides recolle-las fichas, ides dar outra alternativa, ou ides mirar cara outro lado.

A por eles!


A partires de Setembro voltaremos estar nas rúas de Vigo e do resto do país, porque ese é o camiño. Iremos de fronte contra a reforma laboral que nos acaban de impor contra dos intereses da clase traballadora. E tamen moi de fronte contra da sanidade privada coma alternativa a un modelo sanitario público e galego.
Será un curso quentiño, fronte a todas e cada agresión que suframos.

jueves, 15 de julio de 2010

A sanidade, coma en Cuba!

Tódolos dias abrimos e traballamos neste humilde blog. Naceu coa pretensión de ser un canle de comunicación entre todolos traballadores e traballadoras, tanto da sanidade, coma dos demais grupos profisonais dos diferentes sectores. Hai unha cousa ben certa: a sanidade é un pilar da sociedade na que vivimos e da que queremos transformar.
Para un Marxista-Leninista, o modelo é o socialismo. O colectivo ten de primar sempre sobre o individualismo. A socialización dos problemas, e a socialización das solucións.
Polo ano 97 tivemos a inmensa fortuna de participar no Festival da Juventud en la Habana.
Mentras moitos mozos e mozas adicaronse a ir ás prais, eu aproveitei para visitar tódalas empresas que poidemos, escolas, e incluso hospitais.
Cando o nivel de vida de Cuba non era comparábel co de ningún pais "avanzado", vimos en primeira persoa que nivel tiña a sanidade cubana. E que nivel ten. Podemos falar de cal sanidade é millor que cal; máis moi probábelmente nos atopemos con que xa non saberíamos dicer cal é o país avanzado.
Sabíades que hai enfermidades que se estan a tratar en Cuba, porque aquí imos por detrás?
E que o fan, nas súas adversidades, bloqueados, a un coste cero?
E iso evidentemente a costa do grandisimo esforzo da sociedade cubana?
Nos tempos en que tanto se envenena con Cuba convidamos á xente a que viaxe, a que vaia con mentalidade aberta e observadora.
No tempo en que estiven na Habana non fomos de hotel. Estivemos nunha familia cubana, e por certo, o médico de familia ía polas casas nun sábado de mañán, de visita. Coma un veciño máis.

domingo, 11 de julio de 2010

Martes 13 de Xullo!

O vindeiro martes 13 teremos un dia completo de mobilizacións. As 11:00 horas haberá unha concentración na entrada do Hospital do Meixueiro. Despois, as 14:30 horas haberá unha charla coloquio na que falara Manuel Moreira, o noso compañeiro.
Despois de infinidade de charlas por todo o país entendemos que tamen había de darla no interior do hospital Xeral, e moi cocretamente onde Soriano non foi quen de enganar ós traballadores e as traballadoras. No mesmo foro onde unha alergóloga de Madrid a liaba, porque seu amo o estaba a pasar mal. Cecais por unha alerxia ós traballadores.

Os máis conflictivos, os galegos!


Veñen de soltar nun medio de comunicación que dun estudo realizado fomos o ano pasado os que, de longo, tivemos máis folgas e conflictos de todo o estado español. O din e se quedan tan anchos.

A pergunta que hai de facerse é sinsela de todo. Queremos se-lo, ou é que non nos deixan outras saídas á desfeita dos postos de traballo?

Haberá quen pense que coma non temos outro xeito de diversión adicamonos a levar golpes da policía alegremente. Coma non temos encerros nen touradas, quen sabe.

Cecais se tivesemos outro modelo político-económico iso non acontecía. Cecais non teríamos dous millóns de galegos e galegas buscandose a vida moi lonxe da súa patria.

Sempre Fidel!


sábado, 10 de julio de 2010

Adicadas a Lola Pino, compañeira!
















Martes 6 de xullo, en Compostela!












Aínda que Feijoó decía non coñecer quen eran os posíbeis interlocutores da plataforma da defensa da sanidade pública, ten-nos sempre "loitando" de xeito incansábel. A Farjas é un títere de Feijoó e non da máis que para esbozar sorrisos.
Agora xa non lle fan graza os "obreiros" coma hai un ano xusto. Cando se dignaba a darlles a man e perguntarlles onde traballaban. Agora lle tiran ós policías, e estes lles sacan en volandas a Susana e a San Ramón.



Montecelo segue en loita!

Hoxe está sendo noticia o Hospital de Pontevedra Montecelo. No xornal, La voz de Galicia, someten a unha enquisa se estan dacordo en manter Montecelo coma hospital ou se pola contra entenden de que hai de facer un novo.
Hoxe, no mesmo dia en que Mariano Rajoi fuxía do fondo da cúestión aludindo a que en Pontevedra non queren un novo hospital.




Rajoy é gracioso!

Mal que me pese teño que facer unha rectificación pública. Eu decía de éste era un elemento gris e saborido coma poucos. Podo decir que é gris, máis en honor a verdade teño que dicer que asveces é ocurrente, mesmamente gracioso.
Estivo hoxe en Pontevedra nun acto político diante dos seus alcaldábeis e concellais. Coma estaba en Pontevedra tivo de aborda-lo tema do novo hospital en Pontevedra. Para xustifica-lo seu negocio e non entrar no meolllo da cuestión dixo que Lores, o actual alcalde de Pontevedra, estaba en contra do novo hospital e que debía se-lo primeiro caso no mundo. E dixo saber cal é a causa de que non se queira un hospital novo. "Porque esta xente nunca se pon enferma"
Claro que se pon enferma, incluso do fígado, cando se ve coma veñen os ladróns de guante branco a roubar o que tanto costa levantar. Un modelo sanitario público galego.

A federación veciñal de Vigo!

O pasado xoves a federacion veciñal mantivo unha xuntanza coa representante da xunta Lucía Molares. a mesma que estaba cando o de Feijoó inaugurando rúas. Nesta a federación manifestou o que é un clamor popular no país. Que estamos en contra de privatiza-la sanidade pública. Que estamos en contra de que se queira montar negocio co patrimonio da sociedade.
Evidentemente Molares é unha muller florero, e un florero abstracto, e non vai ser quen nen de dar conta do recado.
Aínda así nos facemos eco da nova publicada o pasado venres no Faro de Vigo. ese maravilloso xornal donde acordan escreber traballo con v. Uns fenomenos da manipulación, e da grafía.

viernes, 9 de julio de 2010

Na liña correcta, pese a quen pese!


Hai algunha xente que ve neste blog un espazo certamente molesto. E gostanos, e moito. Acontece que non foi creado para satisfacer estómagos agradecidos, ou para sinselamente por fotos e datas. Foi creado para emitir opinións, críticas,... Emitir, que non omitir.

Estamos cos traballadores e traballadoras, independentemente do seu tipo de contrato, ou de se nos dan ou non a razón. Estamos coas compañeiras de lavandería, as que tiveron a valentía de facer asemblea en Teis e sair fortalecidas cunha comisión de traballo, ou interlocutoras. (Aínda que hai quen nonn gosta do tema). Estamos cos que se enfrentan cando entenden que hai de face-lo. Sen medo.

Estamos cos que son zarandeados pola policía cando ven a Farjas ou Feijoó.

Non estamos cos que nos intentan domar e nos tentan meter medo co tema das multas administrativas. Esos estan noutra liña, ben diferente da nosa, afortunadamente para ambos.

Agradecemos tódalas mostras de cariño que nos estan a chegar neste tempo de convalecencia, é dicer, que aínda así seguiremos traballando e pelexando na medida das nosas posibilidades na defensa de tódolos postos de traballo, e non a dun feixe de acomodados e acomodadas.

jueves, 8 de julio de 2010

Manipulación informativa

Aqueles que lle dan unha paxina completa ós incidentes de Feijoó e a súa policía cos traballadores e traballadoras do CHUVI. Aqueles que lle dan media paxina ó xuizo contra dous traballadores, Juan Carlos e Garrido, pola denuncia de seis policías. Eses non lle dan nin unha sóa liña ó maltrato que lle deron ós nosos compañeiros Susana e Xan Ramón. Acontece que para os medios de comunicación de Feijoó iso entra dentro do ordenamento democrático. Que hai máis normal que o que o pasado martes aconteceu? Dirán eles.
Menos mal que dende medios alternativos estamos a difundir a democracia que nos ofertan. Afortunadamente estanse a ver quen son os violentos.

miércoles, 7 de julio de 2010


Mobilizacións!

O pasado martes tivemos unha nova manifestación ás once horas, dende o hospital Xeral-Cies.
Para o vindeiro martes será dende o hospital do Meixoeiro, tamén ás once horas.
Tamén para o 20 de xullo haberá unha toma de tensión nas Travesas.
Non hai tregua, nin un só dia de descanso.
Por mor dunha convalecencia médica estamos ausentes, máis moi animado polas mostras de apoio e de ánimo que nos van chegando.
Dende aquí mandarlle un bico moi grande á miña compañeira Susana. E ó meu compañeiro e amigo Xan Ramón.
Estamos moi ledos de te-los á fronte da federación. Non hai millor carta de presentación. Ese é o xeito!

Moi ben, compañeiros!


O pasado martes o fascismo voltou a deixarse ver e de que xeito polo noso país. Como os traballadores e traballadoras nos van a dicer ós sabios do PP o que temos de facer?

varios compañeiros foron sacados arrastras pola policía. A que logo se cadra irá a denunciar que foron eles os arrastrados e zarandeados. Iso, salvando as distancias, xa aconteceu en Vigo moi recentemente.

Dende Vigo un bico moi grande a compañeira Susana e unha aperta ó compañeiro e amigo Xan Ramón. Incondicionalmente, con vos!

sábado, 3 de julio de 2010

Modelo sindical!

Durante moito tempo entendemos que o único modelo de traballo que pode dar froito no movemento obreiro é o do asemblearismo. Dende este xeito de organización un sae formando un corpo comun coas posturas maioritarias en prol dunha unidade de acción, de extratexia, de traballo,...
Paradóxicamente aqueles que tanto falan de unidade son os que no dia a dia máis foxen do asemblearismo. Cecais porque é a única estructura que non se controla, agás que un tente derruba-la a toda costa.
A practica diaria nos define en tódalas facetas da nosa vida, e nos non precisamos anunciar ou presumir de... As nosas actitudes estan ahí. A cada instante!
Paradóxicamente ó Xerente do CHUVI, o Soriano, non lle gustan as asembleas. Por qué?
Casualmente ós amigos de CC.OO. non lles gustan as asembleas. Por qué?
Tampouco lle gustan a determinados estómagos agradecidos. Por qué?
Hai coincidencias lapidarias que estan a falar por sí mesmas.

viernes, 2 de julio de 2010

Unidade?

Hoxe comprobaron algunhas compañeiras con non pouca incredulidade coma uns poucos dinamitaron a idea de traballar e construir contando con todos e todas; sen exclusións.
Aconteceu que certos personalismos pesan coma lousas na idea dun traballo en equipa, ben organizado.
Alguns incluso pensamos en intereses creados, ben contrarios ó do colectivo. O tempo irá destapando o que xa se vai intuindo. Con calma, que tempo haberá!
Afortunadamente aínda quedan coma interlocutores as persoas escollidas da lavandería. E ahí aínda temos as opcións intactas. Teremos a opción de dinamizar pese a quen xa pretende finiquitar.
Casualmente persoas que todas elas, sen excepción, teñen unha praza fixa. Casualmente nin un só interino ou contratado está neste grupo. Casualidade? "As cousas case sempre son o que parecen"
Dende aquí unha aperta moi caiñosa a Irene, Luisa, e Alvaro. O colectivo vos deu o seu apoio, e coniso debedes quedar.