Nesta seman teremos movidas dabondo. O mércores ás 20:00 horas sairemos en manifestación de apoio ás traballadoras da Cruz Vermella. Compre apoiarlas e así imo-lo facer. Máxime cando elas sempre estan moi activas na loita pola defensa da Sanidade Pública.
O xoves tamén as 20:00 horas temos manifestación en defensa da Sanidade Pública. Nesta ocasión imos rematar diante da Delegación Provincial do Sergas. Toca novo final para unha nova manifestación.
O venres charla-coloquio " Na cova dos ratos", en Rúa Romil, nº 3. Esta anunciada a miña presenza, aínda que tamén veremos de levar a Manolo Moreira, Doutor e membro da Xunta de Persoal. Tamén é membro da Executiva nacional de CIG-SAUDE.
O Domingo, manifestación nacional ás 12:00 horas en Santiago. Convocada pola CIG, En defensa dos Servizos Públicos.
Coma podedes ver haberá unha seman do máis activa do que levamos ate o de agora.
Non nos queda outra que meterlle máis madeira ó lume, e darlle calor. Non hai outra alternativa, e ese é o camiño que imos seguir ate o final.
No hay comentarios:
Publicar un comentario