Fronte ós milleiros de lectores que ten un xornal de prensa tradicional coma pode se calqueira dos fíns do PP non somos nada, máis humildemente estamos a ter un foro de información alternativo. aqueles que nos tentan silenciar atópanse cada dia con máis frontes abertos. Uns panfletos por tódalas paredes de Vigo e a súa bisbarra, manifestacións e concentracións cada moi pouco tempo, e espazos de información que non son controlábeis polos elementos do PP.
Tal é o caso que sorprendentemente hai entradas de todo o estado español, de Italia, Inglaterra, Holanda, Estados Unidos, Venezuela,..., ata de Vietnan! sí, de Vietnam.
A causa da privatización está a ser respostada dun xeito contundente e continuado. Entre todos e todas, sen excusións. Aquí non nos gustan coorporativismos nin localismos. Somos tódolos grupos do Hospital un único fronte de resposta, e pomos a todos e todas ó mesmo nível: celadores, lavandeiras, pranchadoras, auxiliares, médicos, ..., que pinches. Aquí todos e todas ó mesmo nivel de participación e importancia. somos unha clase social e coma tal temos de estar, unidos e sen diferencias.
Proba delo é que entre as persoas rexistradas hai xente de cociña, celadores, auxiliares, e obreiros de fábricas de farmaceutica. Esa é a máis grande satisfacción.
Veremos se somos quen de chegar ós 6.000. E así progresivamente, ata acadar unha marea de xente cun berro seco e forte, que chegue ós ouvidos dos sordos e sordas que hoxe por hoxe aínda non queren escoitar o que está a ser xa un clamor popular.
Aqueles que cremos que o pobo é quen máis ordena estamos convencidos de que o camiño que estamos a percorrer vai deparar un final axeitado. Unha sanidade pública, galega, e de calidade.
VENCEREMOS!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario