Este ano as doce do medio día haberá unha manifestación que sairá coma tódolos anos dende o Calvario, e percorrerá as rúas da nosa cidade para reivindicar unha xornada máis de loita. Tódolos colectivos de traballadores e traballadoras afectadas pola situación tan adversa que temos vanse manifestar e facerse escoitar.
Hai moitas manifestacións: CNT, CGT e CUT, a UNITARIA, e á que estamos a anunciar. A da CIG.
Cada quen deberá decidir en cal quere estar, e faga a escolla que faga estará moi ben. O importante nestes tempos é toma-las rúas da cidade e dicer abertamente e sen medos que é o que pensamos do actual momento e do modelo social que temos.
Eu non vou ir a ningunha, máis será porque traballamos en quenda de mañá. Aínda así a miña mente e o meu corazón van estar moi presentes nunha destas manifestacións.
Ogallá en todalas manifestacións haxa milleiros de traballadores, porque outros ventos teríamos moito máis favorábeis. Viva o 1º de maio! Viva a loita obreira!
Non imos falar de unidade porque a día de hoxe todos falan, máis ninguén está a dar pasos. Proba delo é que é o ano que máis manifestacións hai. E moitos e moitas quiseramos unha sóa, máis non todos e todas estamos ó mesmo. Algun dia, ogallá mais cedo que tarde, sexa posíbel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario