EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

domingo, 7 de febrero de 2010

Domingo, 7 de febreiro

O luns ás 14:00 horas temos unha asemblea de tódolos compañeiros e compañeiras que traballan na cociña. Alí acordaranse mobilizacións a levar a cabo. E seguro que van sair moitas e moi boas ideas. Por razóns obvias non imos anticipar, e menos nestes medios, algunhas das "actividades" que se estan a argallar.
Tamén hai unha xuntanza da comisión de centros, moi desacreditada xa polos traballadores. Non queren mobilizarse máis que o xuxto e necesario. Contra a Conselleira Farjas hai quince dias decidían non facer nada. A CIG, sempre activa, levou a trinta persoas cunha faixa para manifestarse contra da privatización. O pasado venres contra Feijoó eramos unhas cincuenta persoas. Esta comisión tamén entendeu que non había de molesta-lo. A CIG volveu a mobilizarse.
O triste da historia é que nos meten a todos no mesmo saco, e calqueira xeneralización é inxusta.
Nesta semán haberá máis moblizacións, e actos. Estaremos en todos e cada un, porque o problema é serio de máis. A privatización non é unha broma. A Sanidade pública pode estar en vías de extinción se non o paramos a tempo, e só hai un camiño...

No hay comentarios:

Publicar un comentario