EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 6 de octubre de 2010

Onte, dia 5.

Onte, dia 5 de outubro, houbo unha concentración coma se viña facendo hai seis meses. A asistencia á mesma, polo que comentan os que alí foron era pobre de máis.
Haberá quen diga, dos sindicatos, que a xente non responde, que está apática, ..., ou sabe deus que.
A mesma hora a cafetería estabá coma tódolos dias, e con moita xente das que si asistía hai seis meses ás manifestacións.
A ilusión es as gañas de pelexar polos postos de traballo convertironse para moitos e moitas en rabia por estar a seren utilizados con fins alleos ó temalaboral; ou mesmamente sindical.
Non pasa desapercibido que a apatía destes elementos deixaron-na a un lado para traballar arreo pola folga xeral do pasado mes. Ahí si lles iba a eles a vida.
Terán medo a que eliminen a tantos liberados e liberadas de traballar, para face-los voltar ó curro?
Houbo a triste imaxe de suprimir unha manifestación para un martes ás once da mañán, e collelos a todos e todas na cafetería á mesma hora tomando café. A iso no meu pobo se lle chama descaro, burla, ...
Mañan haberá outra en Beade, e tampouco iremos. E iso que temo-lo dia libre.
Dan por perdido os 1.500 postos de traballo, e queren xogar cara a galería, pensando en marzo.
Co meu tempo non van xogar! En marzo, tampouco!

No hay comentarios:

Publicar un comentario