EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

martes, 12 de octubre de 2010

No eido da política!

A xunta de persoal pretende xogar cos traballadores e as traballadoras no terreo político, ou millor dito, no partidista.
Dende hai tempo a súa ilusión é quitar do goberno ó PP para que volte un goberno PSOE-BNG.
Acontece que o PSOE ven de escarallar por completo ás condicións de traballo de tódolos sectores e colectivos. A entrada das ETT(s) nas administracións. Os despidos a doce dias máis oito subvencionados polo Estado, e demais reformas que estan a caer.
O xogo de CC.OO e de UGT está claro de máis. O lamentábel queda agora ó ver á CIG que non mudou na súa extratexia. Gobernar parceliñas, sexa con quen sexa? Non, gracias! Co meu voto non!
A defensa dos 1.500 postos de traballo fanse dende o sindicalismo, dende a confrontación,..., dende a loita obreira!
Xogar cos traballadores e traballadoras nos levan a onde estan agora os sindicatos. A nula credibilidade.
Estará todo o mundo enganado nesas percepcións?
Cecais unha abstención masiva levara a algúns a replantexarse cousas, erros,... Ogallá! Polo ben do movemento obreiro e da clase traballadora, que é a que sempre acaba pagando os pratos rotos duns e dos outros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario