EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA

miércoles, 27 de octubre de 2010

7.000 berros de esperanza!




Aqueles que un dia tentaron silenzar o noso conflicto non sacando absolutamente nada nos medios de comunicación atoparonse con que un colectivos de afectados e afectadas por unha brutal privatización se organizaron e sairon do aillamento informativo.


Inicialmente unha cociña e unha lavandería foi quen de despertar a unha xunta de persoal apática e nada acostumada a pisa-las rúas.


Os traballadores e traballadoras destes colectivos, foron quen de ir sumando a tódolos demais para facer unha masa que dinamizara, que fisera que os medios non tiveran máis opción que facerse eco.


Meses despois, coa axuda de todos e todas, sindicatos e outros colectivos, remataron nunha inmensa manifestación da cidadanía de Vigo e bisbarra. 60.000 persoas tomaron as rúas cun único berro. Non á privatización!


Nesta seman o goberno do PP vai facer xa publico que empresas se van quedar co negocio de privatizar estes e outros servizos, e cabalgar cara unha sanidade privada.


Sería interesante que alguén decidira xa, dunha vez, crear mesas de negociación para abordar o futuro de 1.500 persoas que a fin veñen a ser 1.500 familias.


Os afectados e afectadas así o esperan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario